Anel (diacrítico)
˚ |
---|
Anel (diacrítico) |
Diacríticos do alfabeto latino |
acentos |
Signos ortográficos empregados como diacríticos |
apóstrofo ( ’ ) |
Diacríticos de alfabetos non latinos |
Diacríticos do alfabeto árabe |
Un anel ou kroužek é un signo diacrítico que se pode colocar sobre ou baixo algunhas letras. Non se debe confundir co punto superior ou co punto inferior.
Anel superior
[editar | editar a fonte]- A letra A cun anel (Å) é considerada unha letra independente en dinamarqués, noruegués e sueco, nos que representa os fonemas /ɔ/, /oː/ ou /ɔː/.
- En chamorro Å representa o fonema /ɑ/.
- En emiliano-romañolo Å representa o fonema /ʌ/.
- O anel emprégase sobre algunhas vogais en valón.
- En checo, no que recibe o nome de kroužek, consérvase por motivos históricos. Emprégase sobre a vogal "u" en checo (ů) para denotar un u longo [uː], como en stůl [stuːl] («mesa»). Non aparece ao comezo das palabras, onde se prefire empregar o til agudo, que é a forma xenérica do checo para representar as vogais longas ú [uː].
Usos non lingüísticos
[editar | editar a fonte]- A letra Å é o símbolo do ángstrom.
- En Matemáticas indica o interior dun conxunto: se A = [0, 4], entón Å = (0, 4).
Anel inferior
[editar | editar a fonte]O Alfabeto Fonético Internacional emprega o anel inferior para indicar un son xordo. No Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita indica unha consoante silábica.
Medio anel
[editar | editar a fonte]O Alfabeto Fonético Internacional emprega o diacrítico medio anel (◌̹ / ◌̜) para indicar unha vogal arredondada.